Begonte acolle unhas xornadas sobre conservación e promoción da reserva da biosfera Terras do Miño

TerraChaXa
O Concello de Begonte abre mañá unha campaña de concienciación e promoción da reserva da biosfera Terras do Miño coa celebración das Xornadas de promoción e desenrolo da Reserva da Biosfera Terras do Miño na casa da cultura local.
119054603_2617586578501727_7107397434743598363_n
11 sep 2020

O Concello de Begonte abre mañá unha campaña de concienciación e promoción da reserva da biosfera Terras do Miño coa celebración das Xornadas de promoción e desenrolo da Reserva da Biosfera Terras do Miño na casa da cultura local.

O programa iniciarase ás 10.00 horas cunha charla sobre este ben patrimonial natural. Esta sesión teórica prolongarase ata as 14.00 horas. Falarase de novas actividades respetuosas co Medio Ambiente, o emprendemento sostible nas Reservas da Biosfera e as oportunidades que ofrece a Reserva da Biosfera. Continuarán o domingo cunha visita guidada pola Reserva da Biosfera Terras do Miño que se alongará toda a xornada.

A campaña continuará o 17 de setembro, xoves, con charlas para os alumnos dos colexios de Begonte e Baamonde durante a mañá. Nesta sesión falarase da problemática ambiental actual coa xestión de residuos, contaminación de augas e contaminacióna atmosférica. Tamén introducirán os novos modelos de xestión baseados no residuo 0 e economía circular, e cómo se pode contribuír á conservación da Reserva da Biosfera dende os fogares. Pola tarde, eses mesmo día, falará de compostaxe e repartiranse composteiros entres as 16.00 e as 20.00 horas.

0.20871210098267