Begonte acollerá en setembro un curso gratuíto sobre prevención de accidentes domésticos

TerraChaXa
Será o 5 de setembro na Casa da Cultura
curso-prevencion-primeiros-auxilios
13 Aug 2025

O Concello de Begonte, a través de AFAMMER (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural), organiza un curso gratuíto sobre prevención de accidentes domésticos que se celebrará o venres 5 de setembro na Casa da Cultura, en horario de 16:00 a 18:00 horas.

Durante o curso abordaranse aspectos relacionados coa seguridade en espazos do fogar como a cociña, o baño e as habitacións, así como recomendacións e medidas preventivas para evitar accidentes. Tamén se explicará como actuar en casos de intoxicación e queimaduras, e darase información sobre o uso adecuado do botiquín de primeiros auxilios.

As persoas interesadas poden inscribirse nas oficinas do Concello de Begonte ou chamando ao teléfono 982 39 61 43, ata o 29 de agosto. As prazas son limitadas.

⚙ Configurar cookies
0.095231056213379