Begonte acollerá en xullo un campus de patinaxe

TerraChaXa
O Concello de Begonte celebrará no mes de xullo un campus de patinaxe coincidindo co tempo de lecer dos pequenos.
campus patinaxe begonte portada
10 Maio 2021

O Concello de Begonte celebrará no mes de xullo un campus de patinaxe coincidindo co tempo de lecer dos pequenos e para axudar na conciliación da vida familiar e laboral.

O campus terá lugar do 12 ao 16 de xullo en xornada de mañá, entre as 9.00 e as 14.00 horas, e está dirixido a rapaces e rapazas de 3 a 16 anos.

Terá un custe de 25 euros para o público en xeral e de 20 para os empadroados, escolarizados ou participantes nas escolas deportivas de Begonte.

Os interesados en participar deberán inscribirse previamente. O prazo para facelo abrirá o 18 de maio e poderá realizarse a través da sede electrónica do Concello.

Os interesados en obter máis información poden poñerse en contacto co Concello no teléfono 982 396 143.

campus patinaxe begonte
0.14972710609436