Begonte acollerá o III Open de Futbolín o 17 de maio

TerraChaXa
A festa continuará cunha sesión vermú con orquestras e rematará cunha gran fin de festa con DJ
futbolin-imaxe-recurso
17 Mar 2025

O Concello de Begonte será o escenario do III Open de Futbolín, que se celebrará o 17 de maio en modalidade parado. O evento contará con inscrición gratuíta e repartirá importantes premios en dúas categorías: Elite e Primeira.

Na categoría Elite, os gañadores poderán levar 600 euros e trofeo, mentres que os segundos, terceiros e cuartos clasificados recibirán 300, 150 e 100 euros, respectivamente, ademais de trofeo. Os postos do 5º ao 10º lugar tamén terán recompensas económicas e medallas.

Na categoría Primeira, o primeiro clasificado obterá 200 euros e trofeo, seguido de premios de 100, 50 e 30 euros para os seguintes postos, acompañados de trofeos e medallas.

O torneo dará comezo ás 16:00 horas e contará con futbolíns Presas EVO. Paralelamente, os asistentes poderán desfrutar dun Pack Festa da Xuventude por 15 euros, que inclúe cea, camiseta e bolsa.

A festa continuará cunha sesión vermú con orquestras e rematará cunha gran fin de festa con DJ. Para máis información e inscricións, pódese contactar con Faus (672 714 448) ou Lolo (626 542 551).

⚙ Configurar cookies
0.52413010597229