Begonte acollerá un curso gratuíto de inxertos organizado polo Concello e a Reserva da Biosfera Terras do Miño

TerraChaXa
A formación desenvolverase o venres 13 de marzo de 2026 en horario de 16.00 a 20.00 horas na Aula da Natureza I
inxerto-inxertar
10 Mar 2026

O Concello de Begonte, en colaboración coa Reserva da Biosfera Terras do Miño, organizará un curso gratuíto de inxertos dirixido á veciñanza interesada en coñecer e aprender esta técnica tradicional vinculada ao coidado e á reprodución das plantas.

A formación desenvolverase o venres 13 de marzo de 2026 en horario de 16.00 a 20.00 horas na Aula da Natureza I, situada ao carón do Centro Médico de Begonte.

As prazas para participar no curso son limitadas e terán preferencia as persoas empadroadas no municipio. Para poder asistir será necesario realizar inscrición previa antes do mércores 11 de marzo. A inscrición poderá formalizarse de maneira presencial nas oficinas do Concello de Begonte, en horario de 9.00 a 14.30 horas, ou chamando por teléfono ao número 982 39 61 43.

0.11611294746399