Begonte acollerá un curso gratuíto de Primeiros Auxilios Pediátricos

TerraChaXa
As inscricións poden realizarse nas oficinas do Concello de Begonte ou chamando ao teléfono 982 39 61 43
curso-pediatria-primeiros-auxilios
14 Jun 2025

O vindeiro martes 17 de xuño, a Casa da Cultura de Begonte será o escenario dun curso gratuíto sobre Primeiros Auxilios Pediátricos, promovido polo Concello de Begonte en colaboración coa asociación Afammer (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural). A formación desenvolverase en horario de 16:00 a 21:00 horas e está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en adquirir coñecementos fundamentais para actuar ante emerxencias pediátricas.

Durante a sesión abordaranse temas esenciais como a parada cardiorespiratoria en pediatría, a morte súbita, a obstrución da vía aérea, valoración co método OPUMA, intoxicacións, picaduras, deshidratación, corpos estraños, erupcións cutáneas, dificultade respiratoria, situacións de shock, hipotermia, hipertermia, convulsións, reaccións alérxicas, síndrome do neno sacudido e o triángulo de avaliación pediátrica, entre outros contidos adaptados ás distintas idades infantís.

As inscricións poden realizarse nas oficinas do Concello de Begonte ou chamando ao teléfono 982 39 61 43. As prazas son limitadas, polo que se recomenda reservar con antelación. Esta iniciativa busca mellorar a capacidade de resposta ante situacións de urxencia que poidan afectar aos máis pequenos, contribuíndo á formación práctica e útil da cidadanía.

⚙ Configurar cookies
0.11220502853394