Begonte acollerá un obradoiro gratuíto de trampeo ecolóxico da vespa velutina

TerraChaXa
Esta iniciativa busca ofrecer á veciñanza ferramentas eficaces e respectuosas co medio ambiente
obradoiro-de-trampeo-velutina-begonte
19 Sep 2025

O Concello de Begonte organiza o vindeiro sábado, 20 de setembro, un obradoiro gratuíto de trampeo ecolóxico da vespa velutina, dirixido a todas aquelas persoas interesadas en participar. A actividade desenvolverase na Aula da Natureza, situada fronte ao Centro de Saúde, en horario de 9:00 a 14:00 horas.

O número de prazas é limitado e terán preferencia as persoas empadroadas no municipio. Para formalizar a inscrición, pode acudirse ao propio Concello ou ben anotarse a través dos teléfonos 982 39 61 43 e 618 70 94 73, así como por correo electrónico no enderezo aulanaturezaconcellodebegonte@gmail.com.

Esta iniciativa busca ofrecer á veciñanza ferramentas eficaces e respectuosas co medio ambiente para facer fronte á proliferación da vespa velutina, unha especie invasora que afecta tanto á biodiversidade como ás actividades apícolas.

⚙ Configurar cookies
0.095096826553345