Begonte acollerá unha charla con consellos prácticos para aliviar a dor de costas

TerraChaXa
Durante a sesión abordaranse temas como a lumbalxia, a dorsalxia e a cervicalxia, tres das patoloxías máis habituais relacionadas coa columna vertebral
charla-dolor-de-costas-begonte
28 Oct 2025

A Casa da Cultura de Begonte será o escenario dunha charla informativa sobre a dor de costas o xoves 30 de outubro ás 20:00 horas. A actividade, organizada polo Concello de Begonte, contará coa participación de José Ángel Ríos Casás, profesor de pilates, quen ofrecerá orientacións e exercicios prácticos para previr e aliviar molestias musculares.

Durante a sesión abordaranse temas como a lumbalxia, a dorsalxia e a cervicalxia, tres das patoloxías máis habituais relacionadas coa columna vertebral. A iniciativa busca achegar á veciñanza ferramentas útiles para o coidado da saúde postural e o benestar físico.

O aforo será limitado e a inscrición realizarase por orde de rexistro. As persoas interesadas poden obter máis información ou reservar praza a través do correo electrónico deportes@concellodebegonte.es ou nos teléfonos 982 39 61 43 e 619 45 50 26.

⚙ Configurar cookies
0.075318813323975