Begonte acolleu un seminario para presentar as marcas das Reservas da Biosfera

TerraChaXa
Begonte acolleu o seminario Alimentos da Biosfera: rede para a promoción de circuítos curtos baixo a marca Reserva de Biosfera Española.
seminario gdr begonte4
16 sep 2022

O telecentro de Begonte acolleu hoxe o seminario Alimentos da Biosfera: rede para a promoción de circuítos curtos alimentarios baixo a marca Reserva de Biosfera Española.

Na presentación do proxecto estiveron presentes Fe Legaspi Valiña, presidenta do GDR Terra Chá; José Ulla Rocha, vicepresidente do GDR Terra Chá e alcalde de Begonte; Moisés Blanco Paradelo, subdirector de Relacións cos Grupos de Desenvolvemento Rural; María José González González, xefa do Departamento de Promoción da Calidade Alimentaria (Agacal) e César Longo Queijo, vicepresidente do GDR Mariñas-Betanzos.

A finalidade do proxecto é impulsar desde os Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) as marcas propias asociadas a cada Reserva de Biosfera e a marca Nacional das Reservas de Biosfera españolas para producións alimentarias, como estratexia para a mellora da calidade destas producións e que contribúan á mitigación do cambio climático mediante o fomento da comercialización e o consumo en circuítos curtos locais.

As ponencias que se levaron a cabo estiveron ao cargo de Miguel Fernández, GDR Mariñas-Betanzos; Victor Lama, Fogar do Santiso; Iria Suárez Corral, GDR Mariñas-Betanzos; Iria González Fraga, Simbiosis S.Coop.Galega; Jorge Blanco Ballón, xerente do GDR Mariñas-Betanzos.

Un dos primeiro obxectivos do proxecto é crear unha rede de traballo común entre GDRs e Reservas de Biosfera coas
empresas adheridas á marca Reservas de Biosfera Españolas orientada a mellorar a comercialización e que continúe unha vez finalizado o proxecto.

Ademais tamén buscan a mellora da calidade e a imaxe dos produtos amparados por estas marcas así como posicionar as marcas propias das Reservas de Biosfera e a marca de Reservas de Biosfera Españolas nos mercados locais.

0.18853092193604