Begonte acondicionará a antiga escola de Saavedra para fins sociais

TerraChaXa
O Concello de Begonte converterá a antiga escola rural de Vilagrande, situada na parroquia de Saavedra, en vivenda, co obxectivo de destinala a fins sociais.
8 Ago 2020

O Concello de Begonte converterá a antiga escola rural de Vilagrande, situada na parroquia de Saavedra, en vivenda, co obxectivo de destinala a fins sociais. Segundo avanzan no Concello á intención sería orientala hacia lugar de acollida temporal para persoas en situación de emerxencia.

O edificio no que se actuará data dos anos sesenta e está en un avanzado estado de abandono. Acollía a escola e a vivenda do mestre.

Así, nun primeiro momento, as obras consistirán no acondicionamento xeral do edificio e a renovación do primeiro piso. A primeira planta ten unha superficie total duns 80 metros cadrados. Na actualidade dispón dunha cociña, un salón, un baño e tres dormitorios, ademais do espazo reservado para as escaleiras de acceso, que son interiores. No proxecto de obra está prevista cambiar a distribución dos habitáculos existentes para facelos máis cómodos e aproveitables.

A intervención inclúe tamén a renovación da zona das escaleiras. No primeiro piso usarase unha pequena sala aberta para habilitar un tendedero e na planta baixa aproveitarase un antigo rocho para instalar a caldeira. A mellora complétase coa renovación de portas e xanelas, mentres que nun futuro o Concello confía en poder acometer a reforma do baixo, que dispón dunha gran aula de 45 metros cadrados, dous aseos e un vestíbulo.

O Concello destinará ao redor de 50.000 euros a esta actuación, que conta cunha subvención da Xunta de Galicia para acometer as obras do inmoble, que xa dispón de subministración eléctrica e auga procedente dun pozo particular.

0.16276097297668