Begonte arranca cunha churrascada as súas festas de San Pedro
Begonte celebrará esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Pedro. Será ás 22.00 horas na praza Irmáns Souto Montenegro amenizada polo grupo Origen.
A programación oficial das festas continuará o sábado, 1 de xullo. A música estará ao cargo da orquestra D'Noche que fará un pase en sesión vermú e outro pola noite, compartindo escenario con DJ Ello.
O domingo, será o dúo Elixir o que se encargue do apartado musical en sesión vermú, xa que non está prevista verbena.
Por outra banda, haberá misa solemne e procesión ás 13.00 horas tanto o sábado como o domingo.
MAXIA
Ademais, o domingo, ás 20.30 horas, e aproveitando as festas, o Concello organiza a actuación do Mago Dani Polo.
Dani, entre outros, formou parte do programa Pura Magia de televisión e foi finalista do mesmo. Será na praza Irmáns Souto Montenegro.