Begonte cancela a carreira popular retrasada ata setembro
TerraChaXa
O Concello de Begonte decidiu finalmente suspender a carreira popular que tiña previsto celebrarse o 11 de setembro no club fluvial.
27 Ago 2021
O Concello de Begonte decidiu finalmente suspender a carreira popular, a que sería a quinta edición, que tiña previsto celebrarse o 11 de setembro no club fluvial de Begonte.
A carreira estaba só anunciada e aínda non se abriu a inscrición nin tampouco se sabían todos os detalles.
A situación epidemiolóxica é a causante deste novo retraso polo que esperan poder celebrala no próximo mes de xuño, na súa data habitual.