Begonte celebra a final de mes a quinta edición do seu torneo de pádel de verán

TerraChaXa
Establécese a categoría libre (masculina, feminina ou mixta) e a organización ten un welcome pack de agasallo
torneo-de-padel-begonte
10 Aug 2025

O Concello de Begonte continúa coa programación deportiva e cultural de verán coa celebración do V Torneo de Pádel que terá lugar os días 29, 30 e 31 de agosto.

A organización estableceu un prezo de 20 euros por parella. Todo aquel que queira participar, debe inscribirse ata o 22 de agosto cubrindo a folla de inscrición e aboando a cantidade no concello en horario de mañá.

Establécese a categoría libre (masculina, feminina ou mixta) e a organización ten un welcome pack de agasallo, seguro de accidentes, bolas a cargo da organización e reparto de augas.

Haberá premios para os dous primeiros clasificados do cadro de honra e os 2 primeiros do cadro de consolación.

A inscrición pode facerse no Whatsapp 619 455 026.

⚙ Configurar cookies
0.61350917816162