Begonte celebra esta fin de semana o seu Mercado de Nadal con 40 expositores

TerraChaXa
A sesión contará cunha papanoelada moteira e a visita de Papá Noel
primeiro-mercado-nadal-begonte-2021
20 Dec 2024

O Concello de Begonte contará esta fin de semana, 21 e 2 de decembro, co anunciado Mercado de Nadal, na súa cuarta edición, que celebrará as dúas xornadas na praza Irmáns Souto Montenegro.

Xa está confirmada a participación de 40 expositores, case o dobre que o primeiro ano. Ofrecerán todo tipo de produtos, principalmente orientado a estas datas que nos ocupan pero tamén doutro tipo. Así poderá mercarse artesanía, agasallos, alimentación, produtos naturais, manualidades, cosméticos naturais, roupa e moitas outras cousas. Tamén contarán con postos de polbo e churrasco para completar a oferta.

O mercado estará aberto entre as 12.00 e as 21.00 horas e este ano contará con varias sorpresas. O Motoclub Rábade Biker’s levará a cabo súa I Papanoelada cunha morea de motos e todos vestidos como o auténtico Papá Noel.

Realizarán primeiro unha volta pola praza de Baamonde e logo despois, sobre as 17.00 horas, chegarán ó Mercado de Nadal de Begonte para acompañar a chegada de Papá Noel, que chegará ás 17.30 horas para recibir a todos os nenos e nenas.

Con motivo da celebración do mercado, o acceso á praza Irmáns Souto Montenegro permanecerá pechado ao tráfico ata o luns 23.

0.16032695770264