Begonte celebra o 100 aniversario de Modesto Prieto Díaz, veciño de Illán

TerraChaXa
O alcalde fíxolle entrega dun agasallo en nome de todo o pobo de Begonte
aniversario-cen-anos-begonte
14 May 2025

O pasado sábado, Modesto Prieto Díaz, veciño da parroquia de Illán, celebrou o seu 100 aniversario, unha data moi especial que non pasou desapercibida no Concello de Begonte.

O alcalde, José Ulla, e a concelleira de Cultura, Sonia Varela, achegáronse ao Centro de Día de Begonte para acompañar a Modesto nesta efeméride tan destacada. Alí fixéronlle entrega dun agasallo en nome de todo o pobo de Begonte, como mostra de recoñecemento e cariño polos seus cen anos de vida.

Desde o Concello destacaron a importancia de homenaxear ás persoas maiores, memoria viva da comunidade, e expresaron os seus parabéns a Modesto, desexándolle saúde e moita felicidade rodeado da súa familia e amizades.

⚙ Configurar cookies
0.16058611869812