Begonte celebra o centenario de Adoración Gayoso, veciña de Gaibor

O Concello de Begonte sumouse á celebración do centenario de Adoración Gayoso Piñeiro, veciña da parroquia de Gaibor, que cumpriu 100 anos de vida nunha xornada moi especial rodeada do cariño da súa contorna.
Ata o seu domicilio desprazouse o alcalde, José Ulla, acompañado da concelleira de Cultura, Sonia Varela, para trasladarlle persoalmente a felicitación institucional e facerlle entrega dun agasallo en nome de toda a veciñanza.
Dende o Concello destacaron a traxectoria vital de Adoración como exemplo de esforzo e fortaleza, nunha celebración marcada pola emoción e o recoñecemento a toda unha vida. A homenaxeada recibiu así o afecto do seu municipio nun aniversario tan sinalado.