Begonte celebra o sábado 8 de novembro o seu tradicional magosto

O Concello de Begonte continuará este ano co tradicional magosto popular, que se celebrará o sábado día 8 de novembro a partir das 21.30 horas no Pavillón Municipal de Begonte (CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño), na que será a XI edición.
Os asistentes poderán desfrutar dunha cea con empanada, tortilla, xamón cocido, liscos, torta de millo, castañas e viño. Ademais, a noite estará amenizada musicalmente.
O prezo das entradas será de 6 euros para os veciños de Begonte e de 12 para o resto. Para acudir será imprescindible retirar a entrada previamente nas dependencias do Concello sendo o 5 o último día.