Begonte celebra o sábado 9 de novembro o seu tradicional magosto

TerraChaXa
Os asistentes poderán desfrutar dunha cea con empanada, xamón cocido, liscos, torta de millo, castañas e viño
magosto-begonte
20 Out 2024

O Concello de Begonte continuará este ano co tradicional magosto popular, que se celebrará este sábado día 9 de novembro a partir das 21.30 horas no Pavillón Municipal de Begonte (CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño), na que será a X edición.

Os asistentes poderán desfrutar dunha cea con empanada, xamón cocido, liscos, torta de millo, castañas e viño. Ademais, a noite estará amenizada musicalmente.

O prezo das entradas será de 6 euros para os veciños de Begonte e de 12 para o resto. Para acudir será imprescindible retirar a entrada previamente nas dependencias do Concello sendo o día 6 o último día.

0.1915180683136