Begonte celebra o sábado o seu tradicional magosto

TerraChaXa
O Concello de Begonte retoma o tradicional magosto popular, que se celebrará o sábado día 12 de novembro a partir das 21.30 horas.
magosto-begonte-portada
31 Oct 2023

O Concello de Begonte continuará este ano co tradicional magosto popular, que se celebrará este sábado día 4 de novembro a partir das 21.30 horas no Pavillón Municipal de Begonte (CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño), na que será a IX edición.

Os asistentes poderán desfrutar dunha cea con empanada, xamón cocido, liscos, torta de millo, castañas e viño. Ademais, a noite estará amenizada musicalmente.

O prezo das entradas será de 6 euros para os veciños de Begonte e de 12 para o resto. Para acudir será imprescindible retirar a entrada previamente nas dependencias do Concello sendo hoxe o último día.

magosto-begonte
0.15607309341431