Begonte celebra o sábado o seu tradicional magosto
TerraChaXa
Os asistentes poderán desfrutar dunha cea con empanada, xamón cocido, liscos, torta de millo, castañas e viño
6 Nov 2024
O Concello de Begonte continuará este ano co tradicional magosto popular, que se celebrará este sábado día 9 de novembro a partir das 21.30 horas no Pavillón Municipal de Begonte (CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño), na que será a X edición.
Os asistentes poderán desfrutar dunha cea con empanada, xamón cocido, liscos, torta de millo, castañas e viño. Ademais, a noite estará amenizada musicalmente.
O prezo das entradas será de 6 euros para os veciños de Begonte e de 12 para o resto. Para acudir será imprescindible retirar a entrada previamente nas dependencias do Concello hoxe, mércores, o último día.