Begonte celebra o seu primeiro torneo de pádel

TerraChaXa
O Concello de Begonte organiza o que vai ser o seu primeiro torneo de pádel, que terá lugar esta fin de semana, entre o 27 e o 29 de agosto.
torneo de padel begonte portada
25 Ago 2021

O Concello de Begonte organiza o que vai ser o seu primeiro torneo de pádel, que terá lugar esta fin de semana, entre o 27 e o 29 de agosto.

Establécense unha categoría libre en parella masculina, feminina ou mixta. A inscrición estará aberta ata as 14.00 horas do día 26 chamando ao 619 455 026.

Para participar o custe será de 20 euros por parella e a inscrición está limitada a un máximo de doce.

Os premios serán lotes de material.

torneo de padel begonte
0.10440492630005