Begonte celebrará unha noite de cine ao aire libre coa proxección de 'Solo para mí'

O Concello de Begonte organiza unha sesión de cine ao aire libre este sábado 28 de xuño, cunha proposta cultural e lúdica pensada para todas as idades. A película escollida para esta noite de cine é Solo para mí, unha intensa historia baseada na novela homónima de Éric Reinhardt.
A proxección terá lugar no Club Fluvial de Begonte a partir das 20:30 horas e a entrada será gratuíta.
A trama do filme xira arredor de Blanche Renard, unha muller que, tras coñecer a Greg Lamoureux, cre atopar ao home perfecto. A relación medra con forza, marcada por unha paixón arrebatadora, e Blanche decide deixar atrás á súa familia e á súa irmá xemelga, Rose, co soño de comezar unha nova vida. Porén, pronto se ve atrapada nas redes dun home posesivo e perigoso, e afronta un difícil camiño entre o medo, a vergoña e a posibilidade de liberarse.
O Concello anima á veciñanza e visitantes a gozar desta proposta de cine de verán nun entorno privilexiado como é o Club Fluvial, combinando cultura, natureza e entretemento.