Begonte contará co servizo Coidados porta a porta a principios de maio

TerraChaXa
Os días 3, 4 e 5 de maio terán ao lado do centro médico de Begonte unha unidade móbil dentro da campaña Coidados porta a porta
explotacion belesar estado pista vilalba aberta
19 Abr 2023

O Concello de Begonte en colaboración coa Consellería de Política Social da Xunta de Galicia informa que nos días 3, 4 e 5 de maio estará ao lado do centro médico unha unidade móbil dentro da campaña Coidados porta a porta.

Esta campaña destinada a persoas maiores de 55 anos e é totalmente gratuíta. Ofrecerá tres servizos principais. Por unah banda, un servizo de podoloxía. Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.

No servizo de audioloxía faise unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. E finalmente no servizo de estimulación da memoria, un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

As persoas interesadas poderán pedir cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.

coidados porta a porta begonte
0.18009686470032