Begonte contará cun ximnasio no centro sociocultural
Con este nova infraestrutura, créase así un entorno deportivo na zona, xa que esta conta con pista de pádel e outras instalacións que teñen en previsión situar na zona.
O Goberno local de Begonte anunciou a próxima construción dun ximnasio municipal nas instalacións que ten non centro sociocultural da vila, concretamente fronte ao centro de saúde.
Con este nova infraestrutura, creáse así un entorno deportivo na zona, xa que esta conta con pista de pádel e outras instalacións que teñen en previsión situar na zona.
A obra do ximnasio levarase a cabo cunha subvención da Xunta de Galicia e fondos propios do Concello de Begonte investindo un total de 100.000 euros.
Ademais, responsables municipais avanzaron que o ximnasio podería estar listo antes de final de ano.
O baixo do centro sociocultural está ocupado actualmente pola escola de música, que se trasladaría, se todo vai segundo o previsto, ao antigo colexio de Baamonde, polo que o ximnasio ocuparía esta zona. Tamén se trasladarían as aulas de pintura a unha das antigas vivendas de profesores que se están acondionando na zona.
Para a súa construción, unificarase toda a planta nunha gran sala que terá uns 180 metros cadrados.