Begonte contará en xuño cunha nova edición do campus de fútbol sala

TerraChaXa
Begonte acollerá do 26 de xuño ao 7 de xullo unha nova edición do campamento de verán do Campus Mixto de Fútbol Sala.
campus futbol sala begonte portada
campus futbol sala begonte portada
9 Maio 2023

O Concello de Begonte acollerá do 26 de xuño ao 7 de xullo unha nova edición do campamento de verán que contará tamén coa celebración do Campus Mixto de Fútbol Sala.

O Concello establece un total de 50 prazas para as que abre a inscrición este luns 8 de maio, que poderá facerse ata o 21 de maio e será por rigurosa orde de solicitude. Para apuntarse haberá que facelo a través dun enlace que estará publicado nas redes sociais do Concello os días do prazo.

O campamento está dirixido a nenos de 4 a 16 anos e contará con actividades diversas, como surf, tiro con arco, pista de xeo, paintball láser, multideporte, parque acuático, kayak e fútbol sala, con visitas de xogadores e adestradores profesionais.

O horario do campamento será de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas con servizo de madrugadores para os que o necesiten cun suplemento de dez euros sobre o 100 que ten de custo o campamento para os escolarizados en Begonte e alumnos das escolas deportivas. O prezo xeral será de 125 euros con descontos para os irmaos.

Os que desexen máis información poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 629 958 973.

campus futbol sala begonte
0.14925503730774