Begonte contará en xuño cunha nova edición do campus de fútbol sala
O Concello de Begonte acollerá do 28 de xuño ao 9 de xullo unha nova edición do campamento de verán que contará tamén coa celebración do IV Campus Mixto de Fútbol Sala.
O Concello establece un total de 50 prazas para as que xa está aberta a inscrición, que poderá facerse ata o 15 de maio e será por rigurosa orde de solicitude. Para apuntarse haberá que facelo a través da aplicación Cluber.
O campamento está dirixido a nenos de 4 a 16 anos e contará con actividades diversas, como surf, tiro con arco, pista de xeo, paintball láser, multideporte, parque acuático, kayak e fútbol sala, seguindo o protocolo covid.
O horario do campamento será de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas con servizo de madrugadores para os que o necesiten cun suplemento de dez euros sobre o 85 que ten de custo o campamento para os escolarizados en Begonte e alumnos das escolas deportivas. O prezo xeral será de 110 euros con descontos para os irmaos.
Os que desexen máis información poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 629 958 973.