Begonte contará en xuño e xullo cunha nova edición do campus de fútbol sala

O Concello de Begonte acollerá do 23 de xuño ao 4 de xullo unha nova edición do campamento de verán que contará tamén coa celebración do Campus Mixto de Fútbol Sala.
O Concello establece un total de 90 prazas para as que xa está aberto o prazo de inscrición, que poderá facerse ata o 30 de maio e será por rigurosa orde de solicitude. Para apuntarse haberá que facelo a través deste enlace.
O campamento está dirixido a nenos de 4 a 16 anos e contará con actividades diversas, como surf, multideporte, parque acuático, inchables, festa da escuma, kayak e fútbol sala, con visitas de xogadores e adestradores profesionais.
O horario do campamento será de luns a venres de 9.30 a 13.30 horas con servizo de madrugadores para os que o necesiten cun suplemento de dez euros sobre o 110 que ten de custo o campamento para os escolarizados en Begonte e alumnos das escolas deportivas. O prezo xeral será de 150 euros con descontos para os irmaos.
Os que desexen máis información poden poñerse en contacto coa organización no teléfono 679 711 709.