Begonte contará este ano cun campamento dixital entre xullo e agosto
O Concello de Begonte ofrecerá un campamento dixital este verán. É este un programa de actividades gratuítas para nenos e nenas de idades entre os 9 e os 13 anos para formarse en competencias dixitais.
Serán 30 horas de formación gratuíta, do 22 de xullo ao 2 de agosto, de luns a venres en horario de 10.30 a 13.3 horas no telecentro de Begonte e tamén terán actividades complementarias online guiadas.
A aprendizaxe está deseñada como un xogo a través dunha aventura interactiva, na que deberán completar etapas e cumprir misións para conseguir logros.
O prazo de inscrición é ata o 5 de xullo e as prazas son limitandas tendo prioridade os nenos e nenas empadroados/as no Concello de Begonte.
Campamento Dixital, no que colabora o Concello de Begonte, é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Xuventude e Infancia e o Alto Comisionado contra a Pobreza Infantil, financiado por Fondos Next Generation da Unión Europea.