Begonte convoca as axudas de escolarización e para o transporte escolar
O Concello de Begonte vén de abrir o prazo de presentación de solicitudes para as axudas á escolarización deste municipio e que van dirixidas a todos os estudantes de Infantil, Primeira e ESO que estuden no Concello de Begonte e os alumnos de Educación Infantil e Primaria de Saavedra e Uriz, escolarizados en Rábade.
Tamén terán a consideración de beneficiarios os alumnos empadroados en Begonte que cursen estudios no I.E.S de Rábade ou noutros centros educativos públicos ou concertados, no curso académico 2018-2019.
Estas axudas, que se conceden en función da renda, teñen un máximo de 120 euros e van destinadas á compra de material escolar e a sufragar o transporte.
O prazo de presentación da documentación necesaria para o outorgamento destas axudas rematará o 16 de xuño.