Begonte convoca o seu concurso de Entroido para o día 8 de marzo

TerraChaXa
Introduce este ano unha nova categoría, a mascarada, para grupos de poucos membros
entroido-begonte
11 Feb 2025

O Entroido volve a Begonte este ano coa celebración dunha nova edición do Concurso de Disfraces e Comparsas 2025, co que se pretende, segundo explica a organización, "consolidar o Entroido como unha festa de tradición popular".

A celebración está prevista para o sábado 8 de marzo ás 16.30 horas cun desfile en Baamonde para o que o prazo de inscrición rematará o mércores 5 de marzo ás 14.00 horas.

Haberá tres premios para adultos en categoría individual (de entre 80 e 50 euros) e cinco en comparsas (entre 500 e 75 euros) e tres para os disfraces realizados para comparsas para veciños de Begonte e dous en individual. Neste caso, os premios serán de 175 a 75 euros para o primeiro grupo e de 50 a 30 para o segundo.

Establécese unha categoría de individual infantil con premios xerais e para veciños coas mesmas cantidades que nos adultos. Tamén este ano haberá premios á mascarada, modalidade na que se encadra a participación de pequenos grupos entre 3 e 5 compoñentes, diferenciando entre a categoría xeral (entre 120 euros e 60) e os especiais para os veciños (dous premios de 80 e 60 euros).

As bases de participación poden consultarse neste enlace.

As inscricións poden facerse presencialmente nas oficinas municipais no Rexistro Xeral do Concello de Begonte cubrindo o Anexo I ou na sede electrónica.

entroido-begonte
0.17130708694458