Begonte felicita a unha veciña de Illán polos seus 105 anos

Carmen García López, veciña de Illán, celebrou esta semana o seu 105 aniversario, unha data moi especial que contou coa presenza do Concello de Begonte.
O alcalde, José Ulla, e a traballadora social, Natalia Puente, desprazáronse ata a súa vivenda para felicitala persoalmente e entregarlle un agasallo en nome de todos os veciños e veciñas de Begonte.
Un emotivo xesto que pon en valor a historia e a longa vida de Carmen, rodeada do cariño da súa comunidade neste día tan sinalado.