Begonte honra a unha veciña de Illán que cumpriu 104 anos
									TerraChaXa								
			A veciña de Illán, en Begonte, Carmen García López, celebrou o seu cento catro aniversario de vida e o Concello de Begonte quixo estar presente neste día tan especial.
 					
					
22 Mar 2024
			
				A veciña de Illán, en Begonte, Carmen García López, celebrou o seu cento catro aniversario de vida e o Concello de Begonte quixo estar presente neste día tan especial.
O alcalde, José Ulla, desprazouse ata a súa casa para facerlle entrega dun agasallo de parte de todos os veciños e veciñas de Begonte.
