Begonte inicia a rehabilitación da cámara agraria

TerraChaXa
O Concello de Begonte iniciou este mes o proxecto de rehabilitación integral do antigo edificio da Cámara Agraria, situado na praza dos Irmáns Souto Montenegro, xunto á casa consistorial, que se destinará a un uso social, tanto para maiores como para a mocidade.
3 Abr 2018

O Concello de Begonte iniciou este mes o proxecto de rehabilitación integral do antigo edificio da Cámara Agraria, situado na praza dos Irmáns Souto Montenegro, xunto á casa consistorial, que se destinará a un uso social, tanto para maiores como para a mocidade.

Para poder financiar este proxecto, que o alcalde da localidade, José Ulla, considera "ambicioso", o Concello recurriu ao obradoiro de emprego de albañilería que comparte cos concellos de Rábade e Friol, no que traballan dez operarios.

Este edificio consta de seis prantas e agora mesmo os traballadores están a rehabilitar os dous primeiros pisos nos que se habilitarán  oficiñas e salas de actividades nas que poderán ubicar a escola de música, asociacións e grupos políticos.

Segundo indicou o alcalde, na pranta baixa, que ten como as demais uns 150 metros cadrados, o obxectivo é ubicar un aula homologada como telecentro e nos resto dos espazos poñer un centro cívico, unha sala de reunións ou unha ludoteca.

A obras desta primeira fase prolongaranse ata o mes de xuño e para a súa financiación, o Concello ten solicitada unha axuda ao GDR de 70.000 euros dos fondos europeos, xestionados por Agader. Tamén solicitaron outra subvención ao Ministerio de Industria, por importe de 60.000 euros para eficiencia enerxética.

Como indica o alcalde, o Concello farase cargo da renovación da cuberta, unha obra que ten un orzamento de 20.000 euros e que se iniciará nos próximos días.

0.20750784873962