Begonte lembra a obriga de limpar de maleza as fincas próximas a vivendas

TerraChaXa
O Concello lembra nun bando que as parcelas deben estar “nun estado axeitado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada” antes do 31 de maio.
finca maleza
23 Mar 2023

O goberno local de Begonte emitiu un bando informativo para lembrar aos propietarios de terreos situados en solo urbano, urbanizable ou núcleo rural a obriga de mantelos nun estado axeitado de limpeza e coa masa vexetal desbrozada antes do día 31 de maio, atendendo ás distancias establecidas pola Lei de prevención e defensa contra incendios (Lei 3/2007 do 9 de abril).

A partir do 1 de xuño, o Concello, xunto a Garda Civil e axentes forestais, comezará a campaña de vixilancia e inspección para comprobar o cumprimento desta lei que, en caso contrario, conlevará "o inicio de expedientes sancionadores" aos titulares das fincas.

O incumprimento destas obrigas, transcorridos os prazos correspondentes, determinará a incoación do correspondente expediente sancionador, con multas de entre 300 e 3000 euros.

0.19954299926758