Begonte lembra a obriga de limpar de maleza as leiras próximas a vivendas
O goberno local de Begonte lembra aos propietarios de terreos situados en solo urbano, urbanizable ou núcleo rural a obriga de mantelos nun estado axeitado de limpeza e coa masa vexetal rozada antes do día 31 de maio, atendendo ás distancias establecidas pola Lei de prevención e defensa contra incendios (Lei 3/2007 do 9 de abril).
A partir do 1 de xuño, o Concello, xunto a Garda Civil e axentes forestais, comezará a campaña de vixilancia e inspección para comprobar o cumprimento desta lei que, en caso contrario, levará "o inicio de expedientes sancionadores" aos titulares das fincas.
O incumprimento destas obrigas, transcorridos os prazos correspondentes, determinará a incoación do correspondente expediente sancionador, con multas de entre 300 e 3000 euros.