Begonte lidera un proxecto para crear unha microrrede eléctrica con renovables
O Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía (IDAE) concedeu unha subvención de 2.443.214 euros para a posta en marcha dun Mercado local da Enerxía (MLE) en Begonte, a través de Begonte Genera, un proxecto deseñado e elaborado pola empresa Masinteligencia, que obtivo a segunda máxima puntuación entre os 28 proxectos con subvención concedida.
O proxecto conta cun investimento de 5.284.700 euros en total nesta primeira fase. Trátase de instalar unha microrrede eléctrica intelixente bidireccional, con capacidade para cubrir as necesidades enerxéticas 24 horas, 365 días ao ano, no municipio, usando para iso enerxía 100 % renovable xerada no mesmo municipio, a través dun mix de tecnoloxías, solar, mini eólica, turboxenereadores hidráulicos, unha planta de Biogás eléctrico e almacenamento masivo.
Os MLE www.mercadolocaldelaenergia.es, son unha nova forma de organizar as actividades de abastecemento enerxético a escala local, un modelo que persegue superar o actual modelo de xestión da enerxía centralizado, claramente prexudicial para os consumidores, por outro distribuído de km 0 tal e como xa se está conseguindo en Ballesteros de Calatrava, Cidade Real.
“Este é un modelo de xeración distribuída que acelera a transición enerxética e encamiña a Begonte cara a unha sociedade neutra en carbono”, explica o seu alcalde José Ulla.
Entre as numerosas vantaxes cabe destacar, que os e-comuneiros (comuneiros enerxéticos, consumidores) conseguirán conxelar a súa factura enerxética, desligándose da volatilidade do mercado almacenista, elimínase o tope de gas e pasan a ser suxeitos activos do mercado enerxético.
Begonte Xera está impulsada polo Concello e conta coa participación de veciños e empresas do municipio, que voluntariamente constituíron unha Asociación de usuarios, a participación é aberta e voluntaria.