Begonte: O PSOE tenta parar o crecemento do PP e o BNG quere regresar
Os tres partidos maioritarios preséntanse este ano para competir polos once escanos da Corporación Municipal. José Ulla, alcalde desde o ano 2011, volve liderar un grupo popular que foi medrando en votos desde esa mesma data ás costas dun PSOE que foi como único representante da oposición, xa que o BNG quedou fóra no 2015 , e os grupos minoritorias que tiñan representación tamén desapareceron, pero con anterioridade.Este ano, repiten os dous líderes dos grupos con representación e aparece un equipo novo entre os nacionalistas.
PARTIDO POPULAR
José Ulla quere volver a ser alcalde de Begonte e para iso presentou unha lista paritaria, que segue contando cos actuais edís, que segundo destacou Ulla, “realizaron un traballo excelente durante estes catro anos, e o que funciona non hai que cambialo”. Destaca a incorporación no 7º posto da única novidade, Ruth Couso Geada.
Ulla manifestou que se presenta coa ilusión de seguir afondando na mellora dos servizos e a calidade de vida da totalidade de veciños e veciños. “Somos o único partido que ten un proxecto para Begonte, fronte a improvisación e a falta de ideas do resto de forzas políticas. Somos os únicos que poñemos a veciñanza por diante dos intereses políticos e partidistas e temos a garantía de ter cumprido coa palabra dada, tal e como fixemos nos últimos anos”.
Este veterinario de profesión comezou como concelleiro no ano 1999 e foi membro do equipo de Goberno entre 2007 e 2011, cando foi elixido voceiro e finalmente gañou as eleccións. Con Ulla chegou a maioría popular xa que José Antonio Vázquez García, o anterior mandatario, foi alcalde durante catro anos nos que gobernou grazas a un pacto co PSOE e o BNG xa que tiña maioría relativa.
PSOE
A actual voceira do PSdeG, cargo ao que accedeu en 2019, Susana Ferreiro Vázquez, volve ser a candidata dos socialistas. “Queremos recuperar servizos para que Begonte recupere o seu futuro. E querémolo facer escoitando a todos: ós pais que reclaman a súa escola; ós maiores que precisan máis atención pública; ós doentes que queren ser atendidos no concello; ós veciños e empresarios que piden transparencia na xestión dos fondos públicos”, afirma.
“Neste mandato Begonte foi noticia polo peche inxustificado e caprichoso dun colexio público. Eu quero que no futuro xeremos noticias positivas” recalca Susana.
“Os socialistas presentámonos cun programa ilusionante, elaborado logo de escoitar as demandas de veciños, colectivos sociais e asociacións. Un programa racional, de medidas concretas, pensadas para Begonte e os seus veciños, que imos levar adiante con transparencia”, di.
BNG
O BNG renovou co obxectivo de volver á Corporación, da que desapareceu no 2015. Tampouco logrou o número de votos necesario no 2019 e agora Pablo Ares lidera o grupo cun obxectivo claro . “Begonte ten todo por gañar e a candidatura do BNG será quen active este concello, é necesario aplicar emoción e compromiso para revitalizar o noso rural, promover a creación de emprego, mellorar os servizos públicos, e sempre baixo a coherencia e a transparencia á hora de gobernar”, dixo.
Define o seu programa como “cheo de propostas para mellorar a calidade de vida da veciñanza para crear un Begonte máis xusto, con máis dinamismo.
“O BNG é a única forza que vai desenvolver un proxecto que ilusione e poña funcionar todas as capacidades que posúe Begonte”, conclúe.
CANDIDATOS ELECCIÓNS 2023
PP
1. José Ulla Rocha
2. Luis Luaña Castelo
3. Sonia Varela García
4. María Aurora Braña Veiga
5. Ramiro Parga Coira
6. Marta Lombao Gómez
7. Ruth Couso Geada
8. José Manuel Rábade Cacharrón
9. Manuel Castro Ferreiro
10. Lucía Goiriz Castro
11. María José Vázquez Torre
Suplentes
1. Sonia Amparo Arias Regueiro
2. Eduardo Antonio Pérez Rodríguez
3. Juan José Díaz López
PSOE
1. Susana Ferreiro Vázquez
2. Hugo Parapar Sanjurjo
3. María Regueiro López
4. Serafín Otero Paredes
5. Hugo Pereira Díaz
6. Jesús Quijada Cruz
7. María Pilar Agrasar Díaz
8. Aquilino Sánchez Rivas
9. María Teresa Ares Ares
10. Juan Manuel Gómez Domínguez
11. Rafael Vizcaíno Cereijo
Suplentes
1. Lucía Díaz Gayoso
2. José Rábade Suárez
BNG
1. Pablo Ares Ansede
2. Uxía Ferreiro García
3. María Mar Prado Cruz
4. Sandra Carral Casanova
5. Eliseo Gómez Jove
6. Manuela Castro López
7. Daniela Gómez Vázquez
8. Xosé Lois Devesa Novo
9. Purificación Ferreiro Fernández
10. Luis Carro Salvat
11. Manuel Ferreiro Fernández