Begonte organiza a I Carreira de Reis o 6 de xaneiro

TerraChaXa
Terá como punto de saída o CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño e como meta o emblemático belén
carreira-de-reis-begonte
1 Jan 2025

O Concello de Begonte organiza a I Carreira de Reis Begonte do Belén o vindeiro 6 de xaneiro de 2025, unha cita deportiva e festiva que terá como punto de saída o CEIP Plurilingüe Virxe do Corpiño e como meta o emblemático belén de Begonte.

A xornada incluirá probas non competitivas adaptadas a todas as idades. Ás 11:15 horas, darán comezo as probas para menores, con percorridos de 500 e 1000 metros para os dous grupos, de 3 a 9 anos e d 10 a 14.

Ás 11:30 horas, celebrarase a proba absoluta, para maiores del 15 anos, cun percorrido de 4,5 quilómetros.

Ao rematar a carreira, os participantes e asistentes poderán gozar dunha degustación de roscón de Reis, completando así unha xornada deportiva con ambiente festivo e familiar.

As inscricións están abertas ata o 5 de xaneiro a través da web www.ccnorte.com.

0.16686081886292