Begonte organiza este ano o concurso de disfraces nas redes sociais
O Concello de Begonte organiza o X Concurso de disfraces 2021 cunha edición virtual na que os/as participantes poderán mostrar a súa creatividade mediante as modalidades de fotografía e vídeo.
Este concurso levarase a cabo entre o 12 e o 17 de febreiro e repartiranse un total de 32 premios entre as distintas categorías, que suman untotal de 2.100 euros.
Pódese participar de maneira individual (infantil ou adulto) ou entre persoas conviventes na categoría Burbulla coa condición indispensable de que sexa nun lugar do Concello de Begonte.
Deste xeito, os participantes poderán presentar a súa proposta cunha fotografía ou mesmo un vídeo cunha duración máxima de 60 segundos.
Os traballos que se presenten ata o 17 de febreiro subiranse ás redes para ser valorados por un xurado. As propostas gañadoras comunicaranse o venres día 19 de febreiro nas redes sociais do Concello de Begonte así como na páxina web www.concellodebegonte.es.