Begonte organiza o segundo torneo de pádel

TerraChaXa
Begonte continúa coa programación deportiva e cultural de verán co II Torneo de Pádel que se celebrará os días 26, 27 e 28 de agosto.
segundo torneo de padel begonte portada
segundo torneo de padel begonte portada
13 Ago 2022

O Concello de Begonte continúa coa programación deportiva e cultural de verán co II Torneo de Pádel que se celebrará os días 26, 27 e 28 de agosto.

A organización estalbleceu un prezo de 20 euros por parella, ata un máxio de 20, polo que será necesario inscribirse antes do 23 de agosto cubrindo a folla de inscrición e aboando a cantidade no Concello.

Establécese a categoría libre (masculina, feminina ou mixta) e a organización establece un welcome pack de agasallo, seguro de accidentes, bolas a cargo da organización e reparto de augas.

Haberá premios para os dous primeiros clasificados do cadro de honra e os 2 primeiros do cadro de consolación.

segundo torneo de padel begonte
0.0870521068573