Begonte organiza un obradoiro sobre trastornos da adolescencia na Casa da cultura

TerraChaXa
Tratase dunha iniciativa organizada a través de AFAMMER (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural)
Imaxe de adolescentes empregando as novas tecnoloxías
1 Sep 2025

Begonte acollerá o mércores 11 de setembro, un obradoiro de trastornos na adolescencia e prevención do suicidio, totalmente gratuíto. Tratase dunha iniciativa organizada a través de AFAMMER (Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural).

Será pola tarde, na Casa da cultura da localidade, e terá unha duración de seis horas, de 16.00 horas a 22.00 horas.

A inscrición poderá realizarse ata o 4 de setembro nas oficinas do Concello de Begonte ou chamando ao teléfono 982 396 143. As prazas son limitadas.

⚙ Configurar cookies
0.16267108917236