Begonte organiza unha excursión ás lagoas da Terra Chá con prazas limitadas


O Concello de Begonte, a través da Aula da Natureza, abre a inscrición para unha saída guiada ás lagoas da Terra Chá co obxectivo de coñecer e observar os seus valores naturais no marco das xornadas de promoción da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
A actividade terá lugar o domingo 9 de novembro, con saída en autobús ás 10.00 horas desde a Aula da Natureza (fronte ao Centro de Saúde) e regreso arredor das 19.00 horas ao mesmo punto. As rutas a pé previstas son de dificultade baixa e recoméndase levar vestimenta axeitada ás condicións meteorolóxicas.
A participación é gratuíta (comida e desprazamento) e ofértanse 20 prazas por orde de inscrición, con preferencia para persoas empadroadas en Begonte. O prazo remata o 7 de novembro. As anotacións poden realizarse no Concello de Begonte, nos teléfonos 982 39 61 43 e 618 70 94 73 ou no correo electrónico aulanaturezaconcellodebegonte@gmail.com.