Begonte prepara o seu V Mercado de Nadal con gastronomía, artesanía e diversión para toda a familia

TerraChaXa
O evento celebrarase os días 20 e 21 de decembro con horario de 12.00 a 21.00 horas na zona centro do municipio
BEGONTE mercado nadal
7 Nov 2025

Begonte xa se viste de festa para celebrar a quinta edición do seu Mercado de Nadal, unha cita que se consolida como unha das máis esperadas do inverno na comarca. O evento, organizado polo Concello de Begonte, terá lugar os días 20 e 21 de decembro e contará cun amplo horario, de 12.00 a 21.00 horas.

O mercado reunirá unha variada oferta de produtos de artesanía, alimentación, decoración, ocio e agasallos, converténdose nun espazo perfecto para facer as compras de Nadal ou simplemente para gozar dun paseo en familia. Ademais, o recinto contará con atraccións para os máis pequenos e postos gastronómicos nos que se poderá degustar polbo, churrasco e outras especialidades tradicionais.

O Concello de Begonte xa abriu o prazo de inscrición para os expositores e convida a todas as persoas interesadas a consultar as bases na web municipal.

 

cartel mercado nadal begonte
⚙ Configurar cookies
0.070984125137329