Begonte prepara un curso de informática e novas tecnoloxías

TerraChaXa
O Concello de Begonte está a preparar un curso para todas aquelas persoas que desexen iniciarse ou ampliar coñecementos sobre informática e novas tecnoloxías, cada vez máis presentes no día a día.
206ad520 10eb 4f91 bc24 168881c0729b
6 Feb 2020

O Concello de Begonte está a preparar un curso para todas aquelas persoas que desexen iniciarse ou ampliar coñecementos sobre informática e novas tecnoloxías, cada vez máis presentes no día a día.

Queda aberto o prazo de inscrición, que durará ata o venres día 14 de febreiro.

O curso, dará comezo na segunda quincena de febreiro e prolongarase ata o mes de maio en sesións semanais. (Cumprindo un mínimo de 10 inscritos).

Máis información chamando ó teléfono do Concello de Begonte 982 39 61 43.

0.10555791854858