Begonte prepárase de novo para o Entroido o día 5

TerraChaXa
O Entroido volve a Begonte este ano coa celebración do XII Concurso de Disfraces e Comparsas 2022, co que se pretende,
ENTROIDO BEGONTE PORTADA
20 Feb 2022

O Entroido volve a Begonte este ano coa celebración do XII Concurso de Disfraces e Comparsas 2022, co que se pretende, segundo explica a organización, "consolidar o Entroido como unha festa de tradición popular".

A celebración está prevista para o sábado 5 de marzo ás 16.30 horas cun desfile en Baamonde para o que o prazo de inscrición rematará o mércores 2 de marzo ás 14.00 horas.

Un ano máis haberá cinco premios para adultos en categoría individual ( de entre 100 e 35 euros) e cinco en comparsas (entre 500 e 80 euros) e tres para nenos en individual e outros tres en grupos. Nestre caso os premios serán de 100 a 50 euros para o primeiro grupo e de 200 a 100 para o segundo.

As bases de participación poden consultarse neste enlace.

As inscricións poden facerse presencialmente nas oficinas municipais no Rexistro Xeral do Concello de Begonte cubrindo o Anexo I Inscrición ou electrónicamente en https://begonte.sedelectronica.es/info.

0.11815404891968