Begonte prepárase para recibir a Cabalgata dos Reis Magos o 5 de xaneiro

TerraChaXa
As Súas Maxestades agasallarán a todos os nenos e nenas nados a partir do ano 2014 que estean empadroados no concello
reis-magos-begonte
2 Jan 2026

O Concello de Begonte vivirá unha tarde moi especial o luns 5 de xaneiro coa celebración da tradicional Cabalgata de Reis, unha cita moi esperada polas familias e, especialmente, polos máis pequenos.

As Súas Maxestades os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, estarán en Begonte para agasallar a todos os nenos e nenas nados a partir do ano 2014 que estean empadroados no concello. Nos últimos días, os Reis enviaron unha carta personalizada a cada un destes rapaces e rapazas que se portaron ben durante o ano 2025, informándoos de que recibirán un agasallo na súa visita.

A xornada contará tamén cun momento destacado ás 16.30 horas, cando as Súas Maxestades visitarán o Belén de Begonte, unha das referencias máis emblemáticas destas datas no municipio. Ademais, a festa completarase con inchables para garantir a diversión dos máis pequenos nun ambiente cheo de ilusión e alegría.

Desde a organización lémbrase que será obrigatorio presentar a tarxeta enviada polos Reis Magos para poder recibir o agasallo correspondente, polo que se recomenda non esquecela. O Concello anima a toda a veciñanza a participar nesta celebración que cada ano enche Begonte de maxia e espírito nadalicio.

⚙ Configurar cookies
0.081335067749023