Begonte recibe unha axuda europea para a mellora do saneamento en varias parroquias
O Concello de Begonte recibe dúas subvencións para acometer obras de abastecemento, saneamento e depuración en varias parroquias, concretamente en Santalla, Gaibor e Cobos-Pacios.
O Concello fixo a solicitude en maio deste ano por medio do procedemento (AU300A) publicado por Augas de Galicia no que se aprobaban as bases reguladoras para a concesión de subvencións aos concellos, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas á execución de obras de abastecemento, saneamento e depuración, financiadas no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 como parte da resposta da Unión á pandemia da COVID-19.
Con estas axudas acométese a mellora da rede de abastecemento municipal da auga potable nos depósitos de Santalla e Gaibor por unha banda e a mellora da eficiencia dos sistemas de saneamento e depuración, para a obra de Saneamento en Cobos-Pacios, pola outra.
Recibida de Augas de Galicia a resolución de concesión en xullo 2021, iniciouse o procedemento para a contratación e realización da obra obxecto da subvención.
Así en Santalla e Gaibor os dous depósitos de almacenamento están semi-soterrados aproveitando o desnivel do terreo, e dispoñen dunha edificación anexa onde se sitúan os equipos de tratamento e control. Dado que a instalación actual existente para o tratamento de auga nos depósitos presentaba numerosas carencias dada a súa antigüidade as actuacións realizadas facilitan o seu control, xestión e mantemento. Asemade realizáronse melloras na instalación do sistema de cloración do depósito incluídas na instalación dun panel de cloración.
A segunda actuación ubícase no lugar de Cobos-Pacios, situado no entorno da estrada N-VI e a Autovía A-6. Está zona dispoñía dun pequeno tramo de rede de saneamento conectado a red xeral que discorre paralelamente á estrada N-VI. Salvo as casas próximas o colector, as vivendas da zona carecían de rede de saneamento o cal subsánase coa obra realizada.