Begonte recibe unha subvención para a mellora de pistas en tres parroquias
O Concello de Begonte recibiu unha subvención para a realización da actuación denominada Mellora e mantemento de camiños municipais.
Esta actuación farase nunha pista que transcorre polas parroquias de Bóveda (Santalla), O Castro (Santa María) e San Vicente de Pena (San Vicente).
É un camiño que serve de acceso ás edificacións e instalacións agrícolas dos núcleos poboacionais principalmente de Bóveda, A Graña, Saamil e Os Grandíos.
Concretamente, a actuación discorre polo núcleo poboacional de Bóveda (Santalla), pasa polo núcleo poboacional de Saamil e termina no núcleo poboacional de Os Grandíos, cunha lonxitude de 1940 metros. Trátase dun camiño municipal que serve de acceso a edificacións, instalacións e parcelas agrícolas da zona.
A presente axuda está cofinanciada polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural, no marco da medida 4.3 do PDR de Galicia 2014-2020.