Begonte recolle información dos veciños sobre o servizo de madrugadores

TerraChaXa
O Concello de Begonte vén de abrir un tempo de consulta pública antes da redacción da ordenanza fiscal municipal que regulará o prezo público do servizo de madrugadores.
1 Xuño 2020

O Concello de Begonte vén de abrir un tempo de consulta pública antes da redacción da ordenanza fiscal municipal que regulará o prezo público do servizo de madrugadores.

Segundo indica o Concello, o obxectivo deste plan é mellorar a participación dos cidadáns no proceso de elaboración de normas, polo que a  consulta pública farase a través do portal web do concello onde se recabará a opinión dos suxeitos e das organizacións máis representativas potencialmente afectadas pola futura norma.

As opinións e suxerencias poderán presentarse en calquera dos lugares indicados no artigo 16 da dita Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

0.14916396141052