Begonte recolle o día 25 os plásticos de silos

TerraChaXa
Haberá que depositalos nos lugares habituais antes desa data
plasticos-de-silos
Silos
23 Xuño 2024

O Concello de Begonte acometerá o 25 de xullo a recollida de plásticos de silos. Ao non ser domiciliaria, os veciños terán que depositar estas verteduras nos puntos de recollida habituais. Terán que estar antes desa mesma data.

Os puntos de recollida serán:

  • Roza Alta no monte de Felmil: Para as parroquias de Damil e Felmil.
  • Campo da festa de Trobo: Para as parroquias de Gaibor, Illán e Trobo.
  • Explanada da ponte da autovía na pista de Carral. Para a parroquia de Saavedra.
  • Campo xunto ao centro social Emprestamo: Para as parroquias de Uriz, Baldomar e Carral.
  • Aparcamento campo de fútbol de Pacios: Para as parroquias de Baamonde e Pacios.
  • Alto da Cruz na parroquia de Bóveda: Para as parroquias Bóveda e O Castro.

Para as parroquias de Santalla de Pena, San Vicente de Pena, Cerdeiras, Donalbai, Virís e Begonte hai que poñerse en contacto co concello para solicitar a recollida e punto de acopio.

Os interesados deberán chamar ao teléfono do Concello de Begonte 982 39 61 43.

Os plásticos deberán ir limpos de terra (só plásticos de silo, non se aceptarán nin cordóns nin garrafas).

0.17035698890686